Home Avaliacion Curricular
Avaliacion Curricular PDF Imprimir E-mail
Escrito por Daniel Ruibal   
Martes, 18 de Septiembre de 2012 08:50

Aproveitamos esta seccion para deixar aqui información relevante con respecto a Avaliación Curricular

REQUISITOS PARA PLAN A EXTINGUIR ENXEÑERÍA SUPERIOR:

  • Só se pode solicitar para un máximo de 3 materias
  • Máis do 50% da titulacion superado
  • 5 convocatorias consumidas na materia (4 cando se trata da última materia rematar a titulación ou corresponde ao último curso)
  • Unha das convocatorias consumidas debeu realizarse nos últimos 3 cursos académicos
  • Matriculado na Universidade de Vigo

REQUISITOS PARA PLAN A EXTINGUIR ENXEÑERÍA TÉCNICA:

  • 5 convocatorias consumidas na materia (4 cando se trata da última materia rematar a titulación ou corresponde ao último curso)
  • Nota superior a 3 na asignatura (pódese pedir igual se a nota e inferior)
  • Matriculado na Universidade de Vigo

SOLICITUDES:

  • 15 días hábiles despois do prazo de entrega de actas (non contando domingos nin festivos, pero si sábados).
ADMISIÓN A TRAMITE:
  • 45 días hábiles desde o remate do prazo de solicitudes (agosto inhábil; non contan domingos nin festivos, pero si sábados)
  • Decide a Comisión Docente
  • Require acadar alomenos nunha convocatoria unha nota de corte establecida para cada materia (ver ANEXO I)
AVALIACION CURRICULAR:
  • 40 días hábiles desde a admisión a tramite (agosto inhábil, non contan domingos nin festivos, pero si sábados)
  • Decide a Comisión específica para cada avaliación curricular en función das notas na materia e dunha valoración xeral de todo o expediente.
RESOLUCIÓN
  • As actas da reunión mandanse ao Vicerreitorado de Novas Tecnoloxías e Calidade, que a súa vez, despois de controlar que a decisión se axusta á legalizade, o envía ao Servizo de Alumnado para que faga a correspondente Resolución. (2-3 semanas)
  • A resolución chega a escola  e ao alumno simultáneamente.
* SI A NOTA DO ALUMNO ESTA ENTRE 4 E 4,9 PASA A ADMISIÓN A TRÁMITE DIRECTAMENTE. SI A NOTA DO ALUMNO É INFERIOR A 2 NON PASA A ADMISIÓN A TRÁMITE EN NINGÚN CASO.
Deixamos aqui os links de interese:
ANEXO I, (NOTAS MEDIAS ASIGNATURAS ENXEÑERÍA SUPERIOR) *Conxeladas dende 2011 ata remate do plan.

INFORMACIÓN ADICIONAL
  • Pódese consumir a sétima convocatoria e despois solicitar a avaliación curricular (Poñendo o aprobado na última convocatoria suspensa)
  • As tasas da matrícula devolveranse sempre e cando o aprobado sexa no curso anterior ó que esteas matriculado, é dicir se estas matriculado na asignatura este curso (2012-13) e a compensación póñena na última convocatoria do curso anterior (2011-12)  devólvente as tasas deste curso.
PLAN A EXTINGUIR
Nos casos onde concorran situacións orixinadas por cambios de plans de estudos, extinción ou por calquera outra non considerada nesta Normativa que impidan que un alumno poida solicitar a avaliación curricular, corresponde á COAP, con caracter excepcional, valorar a admisión a trámite da solicitude. Nestes casos os alumnos poderán dirixirse ao Vicerreitor competente que remitirá a solicitude á COAP, quen, unha vez admitida a trámite, de se-lo caso, requirirá ao Centro para que nun prazo de 40 días dende a recepción da solicitude, se constituía a Comisión a que se refire o artigo 6.4 da normativa de permanencia e resolva, de acordo co procedemento previsto no artigo 6.6, previa petición por parte da Administración do Centro dos informes oportunos aos/ás profesores/as, os cales unha vez recibidos serán remitidos ao Presidente da Comisión.
REQUISISTOS ESTUDIANTES DE GRADO
  • Cando polo menos 50% dos créditos sexan cursados na Universidade de Vigo
  • Cando queden por finalizar como máximo dúas materias que non superen entre ambas 12 créditos.
  • Consumira polo menos tres convocatorias cunha nota non inferior a un 1.
Deixamos o link a resolución:
http://secxeral.uvigo.es/opencms/export/sites/secxeral/sites/default/microsites/sxeral/Secretaria_xeral/Instrucixn_Avaliacixn_por_compensacixn.pdf
Última actualización el Viernes, 17 de Octubre de 2014 09:32